Saturday 04 de May de 2024

Unha exposición sobre a historia mariñeira da Pobra, broche final da Semana do Mar


A inauguración da mostra A vila pobrense, as súas xentes e… o mar será o colofón á programación da Semana do Mar; unha iniciativa impulsada pola Concellaría do Turismo, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), que pretende enxalza-la relación da localidade co eido marítimo dende diversos ámbitos.

A exposición abrirá ao público no día 15, ás 21.00 horas, na Casa Mariñeira. Poderá visitarse ata finais de mes no horario habitual da oficina do turismo.

Esta exhibición está composta por máis dun cento de fotografías, tanto antigas coma contemporáneas, aportadas pola veciñanza e que poñen en valor a importancia do mar a nivel social, económico, cultural e mesmo xeográfico.